A señorial vila de Allariz alberga un dos centros históricos mellor conservados de Galicia. A súa rehabilitación integral e posta en valor fíxolle merecedor de varios premios internacionais de urbanismo.
Allariz foi residencia de nobres e reis, entre os que se contaba o rei Alfonso X O Sabio. Pasear polas súas rúas empedradas é como retroceder no tempo. Casas blasonadas, antigos palacios, o Real Mosteiro de Santa Clara, fundado por dona Violante, esposa de Alfonso X en 1268, parte das antigas murallas e varias igrexas, entre as que destacan a igrexa de Santiago, que mantén a puridade das súas formas románicas, e a de Santa María de Vilanova.

O centro histórico de Allariz contén varios museos interesantes, entre os que destaca o Museo Galego do Xoguete, o Museo da moda e a antiga curtiduría da familia Nogueiras, hoxe convertida en museo onde se explica como funcionaba o traballo coa pel.
Ademais do seu centro histórico, Allariz é unha vila verde e axardinada. O Corredor Temático do río Arnoia é un delicioso paseo polas marxes do río. Ademais, Allariz conta co o espazo onde cada ano celébrase o Festival Internacional dos Xardíns, un parque de tres hectáreas onde anualmente danse cita paisaxistas de todo o mundo para mostrar as súas creacións vexetais.
Moi preto da cidade de Ourense, Allariz é unha vila deslumbrante para todos os sentidos que merece a pena visitar sosegadamente.