Date un respiro en plena natureza e déixate aloumiñar polo sol e a brisa do mar. Reláxate en aquecidas augas termais. Navega en barcas e cruceiros por rías e ríos. Osixénate paseando entre bosques e viñedos, prados e areais. Extasíate contemplando espléndidas paisaxes.
Déixate seducir polo silencio e os sons da nosa natureza. Procura benestar canda a quen ben queres. Enchóupate de aromas, sabores e texturas; Degusta pratos con produtos ecolóxicos e locais. Goza de viños e licores. Conversa sen presas con persoas amables e sinxelas.
Emociónate con engaiolantes historias a carón do lume; Visita igrexas, mosteiros, faros, pazos, museos, adegas. Participa das nosas feiras e romarías. Mergúllate na música e tradicións, e merca os produtos e artesanías da nosa terra galega.
Xa sabes: Galicia calidade!


Casas rurais que se abren para ti
Aquí atoparás unha ampla mostra de casas rurais en Galicia ideais para gozar da natureza, do mar e da montaña. E todo acompañado da excelente gastronomía e de experiencias que emocionan. Reserva habitación dobre ou casa rural completa, casas rurais para parellas ou casas rurais para familias. Todo para que poidas gozar de experiencias inesquecibles e actividades ao aire libre en Galicia.
Selecciona as datas a reservar, escolle entre as categorías amosadas, por exemplo: aloxamentos rurais preto da Praia, casas rurais na montaña, aloxamentos rurais con piscina, casas rurais que admiten mascotas ou calquera das opcións coas que é doado gozar do turismo rural galego.
Galicia Turismo Rural, onde a anfitronía é natural
Cada vez máis persoas procurades a calidade e a diferenciación valorando a singularidade dos establecementos rurais galegos e a espléndida e variada mostra de espazos senlleiros, recursos naturais, culturais e turísticos da contorna. Tamén aprezades a excelente oferta gastronómica e enolóxica e incluso a súa proximidade aos Camiños de Santiago.
É , sen embargo, a amabilidade e a xenerosidade das persoas anfitrioas o que a maioría da xente viaxeira suliñades a diario.
Grazas por confiar na nosa proposta, por contribuir a que as nosas mans e as portas de tantos aloxamentos rurais de Galicia sigan abertas de par en par , con ilusión, esforzo e anovada esperanza.
