Moitas das adegas ofrecen programas de visitas guiadas e catas dos seus viños, que tamén poderás probar nos moitos aloxamentos de turismo rural da zona, maridados cos mellores produtos gastronómicos da terra.
En Santo André de Camporredondo, moi preto de Ribadavia, atópase o Museo do Viño de Galicia, onde, nunha antiga casa prioral do século XVIII que tamén funcionaba como adega, poderás coñecer a historia, tradición e técnicas de elaboración do viño. A entrada é gratuíta.