Situado no corazón da provincia de Ourense, destaca por ser terra de viño, de augas termais, e cunha tradicional vinculación ao mundo da arte.
A súa tradicional aposta pola cultura do viño, impulsada polas súas terras fértiles surcadas por grandes ríos coma o Miño, o Arnoia ou o Avia, fixeron posible converter en denominación de orixe a un dos viños emblemáticos da historia de Galicia, a D.O Ribeiro, sendo a máis antiga de Galicia e recoñecida como unha das primeiras da península.
O xeodestino do Ribeiro - O Carballiño está integrado polos concellos de A Arnoia, Amoeiro, Avión, Beade, Beariz, Boborás, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Maside, Melón, O Carballiño, O Irixo, Piñor, Pontedeva, Punxín, Ribadavia, San Amaro e San Cristovo de Cea.