Rectoral de Fofe é unha casa rural do século XVII situada en Covelo, Pontevedra, no corazón da serra do Suído.
O aloxamento ten 7 habitacións, cunha sala de estar e balcóns con vistas ás montañas. No exterior ten un gran xardín e piscina, preparados para comer fóra. O restaurante de comida tradicional completa a oferta
Nas proximidades podes visitar a praia fluvial de Maceira, con bos servizos para o desfrute de toda a familia. Tamén podes facer as distintas rutas de sendeirismo da zona, a pé, en bicicleta ou a cabalo. Outra opción é visitar o Castelo de Sobroso ou as atraccións turísticas de Mondariz-Balneario.