Abertas de Par en Par en Pousada Torre Lombarda

O martes, 11 de outubro, achégate á Casa A Pousada Torre Lombarda en Allariz. Deleitaraste coa paixón por diante de Pablo Carpintero.

Pablo Carpintero, instrumentos musicais na tradición Galega

Pablo é músico e constructor de instrumentos musicais, ademáis de doutor en Ciencias pola Universidade de Santiago de Compostela onde foi profesor de Bioquímica. Ten o diploma de Estudos Avanzados en Historia da Música. 

Rosa, a súa compañeira é bailadora e cantadora tradicional, tamén toca o tambor. Xuntos levan 30 anos percorrendo o noroeste da península Ibérica recollendo e gravando sobre todo a memoria do folclore infantil, a evolución da morfoloxía e do repertorio da gaita de fol e dos instrumentos que a acompañan, así como dos outros instrumentos musicais tradicionais do noroeste peninsular e da nosa música tradicional en xeral. 

Durante moitos anos tivo unha sección dedicada á música tradicional no programa “Lume na Palleira” da Radio Galega e outra no programa Luar da RTVG. Este gusto pola difusión tamén se reflicte nas charlas e concertos como o que nos vai ofrecer nos recitáis ao serán.

Abertas de Par en Par, disfruta dos seráns de unha forma distinta.

Como a Pousada Torre Lombarda, vintecinco casas rurais agardan por ti, abertas de par en par. Nelas será doado desfrutar, canda a gastronomía e o patrimonio natural e cultural da súa contorna, dos recitáis ao serán. 

Pablo Carpintero

A Casa A Pousada Torre Lombarda está no concello de Allariz (OURENSE)

Fai a túa reserva no teléfono do cartel.

Volver á oferta completa de recitais.

Recital ao serán en Galicia Turismo Rural