Roteiro do Castro Lupario e Pazo de Faramello

Teo (A Coruña)
  • Roteiro do Castro Lupario e Pazo de Faramello - foto 1/1

Este roteiro moi preto de Santiago percorre lugares históricos moi relacionados coa peregrinación xacobea. Desde a carballeira de Francos un curto paseo lévanos á antiga ponte de Paradela, da que se conserva o arco nunha paraxe de gran beleza, para desde alí e seguindo o curso do río Tinto chegar ao Pazo de Faramello (pódese visitar con reserva previa). Bordearemos o Pazo seguindo o río nun magnífico bosque de ribeira con freixos e carballos de enorme altura, deixando á nosa dereita o mítico Castro Lupario, ata chegar á encantadora illa do Río Tinto, convertida en área recrativa, e de alí á próxima aldea de Angueira de Castro, unha das máis fermosas da zona. En total, un 3,5 km de paseo se facemos o roteiro de ida e volta.

Localización

Que ver