Xardíns do Pazo de Lourizán

Pontevedra
  • Xardíns do Pazo de Lourizán - foto 1/1

O Pazo de Lourizán é un edificio de estilo romántico do século XIX que conta cun dos xardíns máis espectaculares de Galicia. Máis de 54 hectáreas de xardín, leira e arboleda, que contan cun invernadoiro de ferro e vidro, estatuas, estanques, fontes... e unha das mellores coleccións de camelias. Ademais, algunhas das súas árbores están no catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia e gozan de especial protección.

Un auténtico paraíso para pasear e deixar a mente voar que ningún amante dos xardíns debe pasar por alto.

Localización

Que ver