A enorme Praza de Fefiñans, para moitos a máis fermosa de Galicia por detrás da do Obradoiro de Santiago de Compostela, é unha praza granítica situada no centro de Cambados. Conxunto do secluo XVI formado polo Pazo de Fefiñáns, o Arco Ponte, a Atalaia-Mirador e a Igrexa de San Bieito, que recrea unha arquitectura de imitación Italiana.