Bono Turístico #QuedamosEnGalicia 2021


Parabéns por partida dobre! Por ser unha das 2.694.245 persoas que quedamos en Galicia, gozando de vivir nos  seus 29.575 quilómetros cadrados e por ser unha das poucas afortunadas que conseguistes a tarxeta de bono turístico #QuedamosenGalicia21. Tamén porque es das que gusta de sumar, de aproveitar as oportunidades que a vida ofrece, sempre solidaria e disposta a poñer o teu gran de area.

Sabemos que anceias descubrir recunchos de Galicia aos que sempre quixeches vir. Así que agora que dispós dunha ocasión única para estar ao mesmo tempo preto e lonxe da casa, sen ter que enfrontar a incerteza de emprender unha viaxe nun momento no que as restricións e normas sanitarias mudan acotío, aprovéitaa.

Esquécete de PCRs obrigatorias, de exhibir pasaportes ou certificados de vacinación ou de corentenas á ida ou á volta. Evita as aglomeracións nas túas vacacións ou interminables horas de coche. Todo o que precisas para unhas vacacións perfectas e seguras telo aquí mesmo, en Galicia!

95 aloxamentos rurais de toda Galicia estante agardando en GaliciaTurismoRural.es para ofrecerche tranquilidade, relax, aventura, experiencias… o que queiras.

Aproveita a túa tarxeta de bono turístico #QuedamosenGalicia21 para gozar de estadías, paquetes e experiencias turísticas e pérdete por recunchos máxicos que han facer que vivas a nosa terra como nin imaxinabas!

Mereces un respiro xa, e Galicia é o destino seguro e de calidade que procuras.

Este ano presume  de Galicia ao berro de: Quedamos en Galicia que imos gozar dos seus aloxamentos de turismo rural!

Cómo usar a tarxeta turística

Elixe aloxamento en galiciaturismorural.es

1. Selecciona o aloxamento de turismo rural que máis che guste.
No mapa superior desta páxina poderás elixir por localización os aloxamentos que permiten empregar o bono. Ao final da páxina tamén tes unha táboa con todos os aloxamentos e unha pequena descrición dos mesmos.

Fai a túa reserva

Dado que o pago realízase físicamente coa tarxeta turística Quedamos en Galicia con outros medios de pago, este tipo de reservas deben de realizarse contactando directamente co aloxamento. A continuación as nosas recomendacións:

Reserva por teléfono

2. Na ficha de cada aloxamento atoparás o seu número de teléfono.

3. Facilita os teus datos de reserva e comproba telefónicamente a dispoñibilidade das datas seleccionadas.

Reserva por email

2. Na ficha de cada aloxamento atoparás o seu email de contacto.

3. Facilita os teus datos de reserva e comproba vía correo a dispoñibilidade das datas seleccionadas.

4. Nun breve intervalo de tempo recibirás a confirmación do teu reserva.

Indicacións COVID

Ten en conta que:

  • Todos os establecementos de turismo rural que aquí aparecen están homologados e cumpren coas normativas sanitarias, turísticas e de seguridade vixentes legalmente establecidas.

  • Cada casa de turismo rural pode establecer un mínimo de noites a reservar, podendo ser dita cifra variable en función da tempada.

Para máis información preme aquí.

Casas rurais