Verín - Viana

Verín, Laza e Viana do Bolo son famosas polas súas festas, entre as que destaca por enriba de todas o Entroido
Ocultar filtros

Casas rurais

Verín, Laza e Viana do Bolo son famosas polas súas festas, entre as que destaca por enriba de todas o Entroido, e que a tradición converteunos, posiblemente, nos entroidos máis antigos e exóticos de toda a península.

En paralelo ás celebracións humanas, alí mesmo atopamos o Parque Natural do Invernadoiro, un auténtico paraíso da natureza no que a penas hai asentamentos humanos. É por iso, que todo o ecosistema natural creado ao redor deste territorio preséntanos gran riqueza en flora e fauna, con frecuente presenza de lobos, corzos e xabarís.

Os concellos que conforman este xeodestino son A Gudiña, A Mezquita, Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín, Viana do Bolo, Vilardevós e Vilariño de Conso.