\/p>\n
As ondas do Atlántico baten con tal forza sobre as impoñentes paredes pétreas que foron deixando ao descuberto, co paso dos séculos, algunhas das rocas máis antigas da Terra, como as anfibolitas de Cabo Ortegal, situadas xusto á beira do faro e que recentes estudos confirmaron que teñen 1.156 millóns de anos de antigüidade. Un impresionante vestixio de cando o mundo era novo e o que hoxe é Galicia estaba mergullada baixo o mar.<\/p>\n
<\/p>","municipio":"Cari\u00f1o (A Coru\u00f1a)","ruta":"cabo-ortegal-lSLon9.jpg","latitud":"43.5632072","longitud":"-8.0033136"},{"id":24,"esruta":0,"rutakml":null,"destinopadre":"rias-altas","nombre":"Redes, un pobo de pel\u00edcula xunto \u00e1 r\u00eda de Betanzos","amigable":"redes-betanzos","textocorto":"Redes \u00e9 un pequeno pobo con encanto que foi escenario de diversas rodaxes cinematogr\u00e1ficas","texto":"
O pequeno pobo mariñeiro de Redes e o seu diminuto porto respiran encanto polos catro custados. Tanto que foi escenario de rodaxes de series de televisión e películas, entre elas 'Julieta' de Pedro Almodóvar. Merece a pena dar un paseo polas súas tranquilas rúas con fermosas casas de veraneo de principios do século XX, algunhas delas blasonadas. As casas chegan xusto á beira da ría, o que permite aos seus habitantes acceder a elas en barca. Un remanso de paz que convida ao relax e a tranquilidade.<\/p>\n
<\/p>","municipio":"Ares (A Coru\u00f1a)","ruta":"redes-un-pueblo-de-pelicula-junto-a-la-ria-de-betanzos-wshphF.jpg","latitud":"43.4227445","longitud":"-8.2184478"},{"id":25,"esruta":0,"rutakml":null,"destinopadre":"rias-altas","nombre":"Lagoa de A Frouxeira e areal de Valdovi\u00f1o","amigable":"lagoa-de-a-frouxeira-e-areal-de-valdovino","textocorto":"A lagoa de A Frouxeira, separada do mar por unha barra de arena, \u00e9 un para\u00edso para a observaci\u00f3n de aves.","texto":"
Moi preto da cidade de Ferrol, no veciño municipio de Valdoviño, atópase esta pequena xoia natural: a lagoa da Frouxeira, separada do mar por un cordón de area. Trátase dun paraíso para as aves típicas dos humidais costeiros e un importante punto de paso de aves migratorias.<\/p>\n
<\/p>\n
Acondicionáronse pasarelas de madeira e puntos de observación de aves para poder contemplalas sen perturbalas. E xa que estás aquí, achégache á praia de Valdoviño e as praias adxacentes, famosas polas súas ondas espectaculares e paraíso dos surfeiros, aos que poderás ver en acción durante todo o ano.<\/p>","municipio":"Valdovi\u00f1o (A Coru\u00f1a)","ruta":"laguna-de-a-frouxeira-y-arenal-de-valdovino-X5Jaf7.jpg","latitud":"43.603749","longitud":"-8.1647266"}];
As Rías Altas conecta a costa norte de Galicia co océano Atlántico e o mar Cantábrico. Inclúe A Coruña, As Mariñas e Ferrolterra. As Rías Altas son un enclave de conexión da costa norte de Galicia co océano Atlántico e o mar Cantábrico. A nivel xeográfico, este enclave paisaxístico percorre o litoral galego desde #Finisterre ata a fronteira con Asturias.
Ao longo desta extensión poderemos atoparnos coas rías de Ortigueira, Cedeira, Ferrol, Ares, Betanzos, Coruña, Corme e Laxe, Camariñas, Barqueiro, Viveiro, Foz e Ribadeo, destacadas pola súa cultura impregnada por unha relación histórica intimamente ligada ao mar. Ver información xeral en Turismo de Galicia – Rías Altas (AQUÍ)
A Coruña é unha cidade agradable para visitar polos seus museos e praias, así como pola Torre de Hércules, Patrimonio da Humanidade (consulta a súa oficina de turismo AQUI).
En As Mariñas hai os concellos de Arteixo, Culleredo, Oleiros, Sada, Cambre, Carral, Bergondo, Abegondo, Betanzos, Paderne, Miño, Coirós, Oza-Cesuras, Irixoa e Aranga. Destaca o complexo arquitectónico de Betanzos, os xardíns do Pazo de Mariñán en Bergondo ou a interesante praia de Barrañán en Arteixo.. Máis información AQUI
Ferrolterra comprende os concellos de Ares, Cabanas, A Capela, Cariño, Cedeira, Cerdido, Fene, Ferrol, Mañón, Moeche, Monfero, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, As Pontes de García Rodríguez, Pontedeume, San Sadurniño, As Somozas , Valdoviño e Vilamaior. Os seus atractivos turísticos máis destacados son: a Semana Santa de Ferrol, a torre do castelo dos Andrade en Pontedeume ou o mosteiro de Caaveiro na Capela, en plena Fragas do Eume. Máis información AQUI.