Neste xeodestino atopámonos coa montaña máis alta de Galicia, con 2.127 metros de altitude, Pena Trevinca, e posiblemente a estación de montaña máis recoñecida de toda a comunidade, a Estación de Montaña de Manzaneda. Con todo, a riqueza deste territorio vai moito máis alá destes dous enclaves, sendo un territorio que desmarca polos seus frondosos, tupidos e escondidos bosques.
O xeodestino de Manzaneda - Trevinca esténdese polos concellos de A Pobra de Trives, A Rúa, A Veiga, Carballeda de Valdeorras, Chandrexa de Queixa, Larouco, Manzaneda, O Barco de Valdeorras, O Bolo, Petín, Rubiá, San Xoán de Río e Vilamartín de Valdeorras.