No corazón de Galicia atopámonos co xeodestino de Deza -Tabeirós, característico polo seu perfil montañoso. É este un dos motivos que enriquece a diversidade entre os habitantes dos distintos concellos da zona: A Estrada, Agolada, Cerdedo, Dozón, Forcarei, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces, os cales teñen tradicións particulares dependendo da súa localización máis próxima á baixa ou á alta montaña.
Alí mesmo, no máis profundo dun fermoso e tupido bosque de piñeiros, castiñeiros e carballos, atopámonos escondida unha das fervenzas máis bonitas e grandes de todo Galicia, A Fervenza da Toxa, con máis de 30 metros de altura.