Costa da Morte

Na costa noroeste de Galicia atopámonos un enfrontamento constante entre terra e mar, unha zona de lendas e naufraxios
Ocultar filtros
Reserva online directa
Outono gastronómico 2024
Aluguer por habitacións
Aluguer completo
Bono Quedamos en Galicia
Mostrar más
Q de calidade
Restaurante
Adaptada
Admite mascotas
Wifi
Cuna bebé
Salón de reunións
Xardín-Terraza
Barbacoa
Piscina
Instalación para nenos
Camiño de Santiago
Na montaña
Preto da praia

Que ver

Casas rurais

Coñecida como Costa da Morte, esta rexión costeira atópase no noroeste de Galicia. Nela, o enfrontamento constante entre terra e mar salpicou as costas de Galicia con naufraxios e grandes traxedias que quedarán gardadas para sempre na memoria de todos nós.

A súa condición de límite occidental de Europa dotou dun carácter realmente característico aos habitantes da zona de Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Coristanco, Corcubión, Dumbría, Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas.

A nivel xeográfico, a paisaxe desta zona de Galicia destaca polos seus prominentes cantís, praias desertas e enseadas. Natureza e historia fan de Costa da Morte un destino único.