\/p>\n
Numerosas rutas de sendeirismo a ámbolos dous lados da fronteira permitiranche explorar as marabillas naturais desta vasta extensión de montañas, bosques e vales co río Limia como protagonista, co permiso do río Caldo, que recibe este nome polos distintos mananciais termais que se atopan no seu curso, o que fai que as súas augas sexan quentes nalgúns tramos. Frondosos bosques onde a vexetación vai cambiando sutilmente e o carballo empeza a deixar paso a outras especies sureñas, elevadas fervenzas e paisaxes únicas faranche vivir unha experiencia inesquecible. <\/p>\n
Os romanos deixaron aquí a súa pegada en forma de restos de antigos campamentos das lexións, xa que nestas montañas atopábase o único paso que permitía a comunicación entre as capitais romanas de Braga e Astorga.<\/p>\n
Xunto ao parque atópase o ‘Couto Mixto’ unha área conformada polas aldeas de Rubiás, Meaus e Santiago, que até 1864 foi unha “terra de ninguén” independente de España e de Portugal.<\/p>\n
<\/p>","municipio":"Lobios (Ourense)","ruta":"reserva-de-la-biosfera-gers-xures-huK30j.jpg","latitud":"41.8582396","longitud":"-8.071896"}];
O xeodestino Celanova - Limia destaca pola súa diversidade xeográfica, podendo atopar no devandito territorio zonas de alta montaña, zonas de baixa montaña e zonas chairas.
Os concellos que conforman este territorio son Bola, Baltar, Bande, Calvos de Randín, Cartelle, Celanova, Entrimo, Gomesende, Lobeira, Lobios, Muíños, Os Blancos, Padrenda, Porqueira, Quintela de Leirado, Rairiz de Veiga, Ramirás, Sandiás, Sarreaus, Tramiras, Verea, Vilar de Barrio, Vilar de Santos e Xinzo de Limia.