Castelo de Sobroso

Mondariz (Pontevedra)
  • Castelo de Sobroso - foto 1/1

Situado no Concello de Mondariz, desde o outeiro na que se sitúa pódense divisar máis de cincuenta pobos de Galicia antes da fronteira con Portugal. 

As primeiras crónicas nas que se menciona ao Castelo de Sobroso datan do século XI, aínda que se cre que a súa orixe é anterior. Foi tal a súa importancia que se lle coñecía como "a chave forte do Antigo Reino de Galicia·. Reis e raíñas habitárono nalgúns momentos da súa historia. Foi escenario de moitos fitos históricos das guerras entre señores feudais en Galicia. 

Destruido en las revueltas Irmandiñas e reconstruído no século XV, foi perdendo paulatinamente importancia até o seu total abandono a principios do século XX. O primeiro alcalde pedáneo de Vilasobroso, a aldea na que se sitúa o castelo, comprou as súas ruínas en 1923 e gastou toda a súa fortuna en reconstruílo, aínda que non por completo. Os veciños da zona, de forma totalmente altruísta e sen ningunha axuda estatal, colaboraron na restauración, que culminou en 1967. Hoxe alberga un pequeno museo etnográfico. 

 

Localización

Que ver