Cabo Home e a Costa da Vela

Cangas do Morrazo (Pontevedra)
  • Cabo Home e a Costa da Vela - foto 1/1

No extremo máis occidental da Península do Morrazo atópase Cabo Home, coa impoñente presenza das Illas Cíes que desde aquí parecen ao alcance da man.Situado nunha península entre a pequena ría de Aldán e a ría de Vigo, é un deses lugares máxicos que non debes pasar por alto. 

O faro de Cabo Home, construído no século XIX, é o gardián da entrada á Ría de Vigo. A súa sirena, que alerta aos barcos do perigo das rochas nos días de néboa espesa, é coñecida entre os mariñeiros como a Vaca de Fisterra. 

A Costa da Vela, que pode percorrerse por un sendeiro dende o propio faro, é un pequeno tramo de costa rochosa e salvaxe, que esconde pequenas calas ás que podes descender a pé. Ollo coas mareas, especialmente a finais de verán.

Atardecer en Cabo Home

O concorrido Miradoiro da Caracola é un punto onde se fixeron miles de fotos do atardecer, pero o carreiro que che leva até o faro está cheo de recunchos tranquilos onde sentar a gozar dun dos atardeceres máis emblemáticos de Galicia, coas Illas Cíes como telón de fondo. A escultura da caracola en realidade chámase A Buguina e representa un tipo de cuncha que os mariñeiros utilizaban a modo de corno para comunicarse ou recibir avisos desde terra.  

 

Localización

Que ver