As ondas do Atlántico baten con tal forza sobre as impoñentes paredes pétreas que foron deixando ao descuberto, co paso dos séculos, algunhas das rocas máis antigas da Terra, como as anfibolitas de Cabo Ortegal, situadas xusto á beira do faro e que recentes estudos confirmaron que teñen 1.156 millóns de anos de antigüidade. Un impresionante vestixio de cando o mundo era novo e o que hoxe é Galicia estaba mergullada baixo o mar.