Mosterio de Oseira

San Cristovo de Cea (Ourense)
  • Mosterio de Oseira - foto 1/1

Coñecido como o "Escorial Galego" polas súas grandes dimensións, o Mosteiro de Santa María a Real de Oseira foi fundado no século XII por monxes cisterciences, que aínda o habitan hoxe. A súa igrexa é unha das máis grandes do Císter en España e é unha obra mestra da arquitectura medieval presidida pola imaxe da Virxe do Leite, do século XIII.

Conta con hospedaría e albergue para peregrinos na Vía da Prata cara a Santiago. 

Visitar o Mosteiro de Oseira

A visita ao Mosteiro de Oseira é unha experiencia única, xa que se trata dunha visita guiada polos propios monxes. Abandonado tras a desamortización no século XIX, os monxes retornaron en 1929 e emprenderon a tarefa da reconstrución do mosteiro. 

Destacan no seu interior os seus tres claustros, monumentais escaleiras e a gran xoia oculta de Oseira: a Sala das Palmeiras, antiga sala capitular do século XV cuxas nervaduras, que xorden directamente desde columnas torsionadas e sen capiteis, lembran a palmeiras. 

Os horarios de visita ao Mosteiro están suxeitos a cambios pola actividade litúrxica dos monxes. Sen dúbida, merece a pena unha visita. 

Localización

Que ver