A paisaxe das Catedrais parece sacado doutro mundo. É fácil sentirse pequeno cando se contemplan os enormes monumentos de roca tallados polas forzas da Natureza ao longo de miles de anos.
En realidade, As Catedrais é un nome turístico, xa que o nome tradicional desta praia é Augas Santas. Trátase dunha contorna moi sensible e non exenta de perigos. As rocas do interior das cavernas despréndense con facilidade, polo que está prohibido entrar nelas, e a marea pode subir rápidamente, polo que a visita debe realizarse durante a baixamar.
Debido á gran afluencia de visitantes e a que se trata dun espazo natural moi fráxil, durante o verán o número de visitantes que poden acceder á praia está restrinxido, polo que deberás realizar unha reserva con ata 30 días de antelación. Na mesma web de reservas da Xunta de Galicia podes solicitar unha visita guiada que che axudará a entender mellor a historia deste espléndido monumento natural.