Se decides visitar o Teixadal de Casaio debes saber que se trata dun espazo moi fráxil que hai que tratar con tanto respecto coma se dunha catedral se tratase. O seu principal inimigo é a erosión do chan pola actividade humana, polo que debes evitar pisar fóra do sendeiro, abrazar ás árbores ou levarche “unha poliña de recordo”. Tampouco é un lugar para armar barullo, posto que espantarás á fauna da zona. Lembra que eles están na súa casa e ti non. O mellor é falar en voz baixa e non perturbar a paz do bosque e os seus habitantes.