Mosteiro de Carboeiro

Silleda (A Coruña)
  • Mosteiro de Carboeiro - foto 1/1

Situado nun promontorio xunto a un meandro do río Deza o Mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro é un dos grandes atractivos patrimoniais da comarca do Deza cuxos orixes se remontan ao século X. Das antigas dependencias monásticas só quedan restos pero a súa igrexa foi recentemente restaurada e pode visitarse. Trátase dunha igrexa singular polo seu estilo, románico de transición ao gótico, cunhas armoniosas dimensións e tres ábsidas na súa cabeceira.

A portada principal da igrexa conta a mesma historia que o Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago: os anciáns músicos dos que fala a Apocalipsis. Quizá o propio Mestre Mateo ou. máis probablemente. algún dos seus discípulos estea detrás da concepción desta portada.

Tamén é destacable a cripta, situada baixo a cabeceira da igrexa para salvar o desnivel do terreo, que conta con tres capelas.

Localización

Que ver