Ría de Lires, a máis pequena de Galicia

Muxía (A Coruña)
  • Ría de Lires, a máis pequena de Galicia - foto 1/1

A ría de Lires é a máis pequena das rías galegas, tanto que moitas persoas non a coñecen. Situada no corazón da Costa da Morte, entre os cabos Touriñán e Fisterra, o río Castro ábrese ao mar tras o seu paso pola pequena aldea de Lires. É un pequeno paraíso para as aves mariñas e brinda a quen a visita uns espectaculares atardeceres desde as dúas praias que a escoltan: a pequena de Lires e a impoñente praia de Nemiña. Un curto paseo desde a aldea de Lires levarache á boca da ría, onde che recomendamos a súa fantástica posta de sol. Coa marea baixa poderás cruzar alén, onde se abre ao mar a praia de Nemiña, moi popular entre os amantes do surf.

Tanto na propia aldea de Lires como nas súas proximidades atoparás varias casas de turismo rural onde aloxarche e vivir unha experiencia única que combina campo e mar.

Localización

Que ver