O Dolmen de Dombate, hoxe musealizado e protexido por unha estrutura de madeira e cristal, é sen dúbida a máis importante das construcións funerarias prehistóricas de Galicia. Lugar de enterramento e rituais sacros durante séculos, no museo adxacente atópase unha réplica exacta do interior que permite admirar as ricas decoracións murais.
O Castro de Borneiro, íntimamente ligado ao dolmen, é o poblado prehistórico mellor preservado da Costa da Morte e permite facerse unha idea de como era a vida dos nosos devanceiros antes da chegada dos romanos