Cabo Vilán

Camariñas (A Coruña)
  • Cabo Vilán - foto 1/1

Non deberías visitar a Costa da Morte sen facer unha parada neste faro. Cabo Vilán, coa súa alta torre empolicada nas rocas, é outro lugar emblemático da Costa da Morte. Rodeado de erizadas agullas de roca batidas pola constante ondada, o faro de Cabo Vilán foi o primeiro faro eléctrico de España. O faro está unido ao edificio que antes era centro de control e vivenda do farero por un túnel que, aínda que non é visitable, permítenos imaxinar a furia dos temporais invernais nesta costa. A paisaxe desde aquí é das que se che queda gravada para sempre na memoria.

Moi preto, percorrendo unha pista sen asfaltar que bordea a costa, atoparás outro dos fitos da Costa da Morte: o Cemiterio dos Ingleses, onde foron enterrados os 172 tripulantes do cruceiro da Mariña Real inglesa HMS Serpent, naufragado neste punto en 1890 e recoñecido como un dos cemiterios máis fermosos do mundo. 

Dende o faro de Fisterra, pasando por Cabo Vilán e continuando por toda a Costa da Morte ata a localidade de Malpica, existe unha ruta de sendeirismo de 200 quilómetros, coñecida como o Camiño dos Faros, que pode realizarse por etapas e permitirache vivir unha experiencia inigualable bordeando a costa máis salvaxe da Península Ibérica.

Localización

Casas rurais

Que ver