SASASÉ (Sabores, Sabores e Sentires) é unha experiencia para grupos de 10 - 12 persoas viaxeiras coa que achegarse aos saberes e sentires de quen vive no rural e aos sabores, aromas e texturas de produtos cultivados, criados, producidos ou elaborados na nosa terra.
Inclúe catas e degustacións enogastronómicas, posibilitando, de paso, a participación das persoas viaxeiras en actividades tradicionais vinculadas ao patrimonio natural e cultural da contorna dos establecementos.
*Estadía en réxime de só aloxamento en habitacións dobres (mínimo 2 persoas por habitación).
Grupos de 10 a 12 persoas.
100€
Esta acción fica suxeita á dispoñibilidade de datas libres dos establecementos participantes. Pódese consultar a listaxe completa dos establecementos participantes na seguinte ligazón:
As reservas fanse directamente nos establecementos a través do teléfono ou o correo electrónico que aparecen nesa listaxe.