Aloxamento preto da praia

  • Aloxamento preto da praia - foto 1/1

Atopar casas rurais en Galicia preto da praia é fácil, pois nos seus máis de 1.700 km de costa esténdense 868 areais, 111 con bandeira azul en 2021. Así que desde moitas delas ir á praia será un paseo.

En Galicia as casas rurais preto da praia son unha inmellorable opción para gozar dunha estancia segura e tranquila en plena natureza.

Deleitarse co turismo rural, xa sexa en casas  de aluguer completo ou en pequenos aloxamentos de poucas habitacións, revivindo  neles o gusto polos detalles e o bo trato dos anfitrións, converterase nunha experiencia  que quererás repetir. 

Praias paradisíacas recoñecidas a nivel mundial (como Rodas nas Illas Cíes), quilométricos areais  ou pequenas calas escondidas, en Galicia sempre atoparás a praia que buscas: Praias nas rías, de augas máis cálidas e acougadas onde se crían  mariscos e peixes,  nos que a brisa mariña perfuma os viñedos da D.O. Rías Baixas. E praias abertas ao Atlántico ou ao Cantábrico, que ademáis son paraíso das ondas para amantes do surf. Si eres de cabalgar sobre as ondas, ¿a qué agardas para coller a túa táboa e vir gozar como nunca?

 

Galicia é un dos poucos sitios da Península Ibérica onde atoparás praias casi desertas, onde o verán é sinónimo de calor san, para disfrutar do sol acariciando o teu corpo nú. 

Faros míticos, cantís  espectaculares ou cumios de montes dende os que contemplar os máis bellos horizontes. Ven e déixate  seducir polo feitizo dos atardeceres únicos, mentres o sol se funde no mar e se acenden as estrelas. Logo, nas noites máxicas, os teus ollos pasearán emocionados pola Vía Láctea soñando quen sabe que novas rutas, amores ou  camiños na vida.

Xa ves, en Galicia gozar do turismo rural  preto da praia é algo que quedará gravado para sempre no teu corazón e na túa memoria.

 

Por certo, sabías que Galicia é a terra do mil ríos? 

Dende Ribadeo ata A Guarda, onde o Miño mestura as súas augas co Atlántico, tamén no interior atoparás praias fluviais acondicionadas para gozar do sol  e o baño, con áreas recreativas, restaurantes e servizos sanitarios, ademais de milleiros de ríos e fervenzas que forman pequenas lagoas  e pozas onde darche un refrescante mergullo. 

Tanto se buscas praias coñecidas coma se procuras tranquilidade, aquí atoparás casas rurais en Galicia preto da praia, alcanzables a todos os petos

Lembra que en Galicia as casas rurais preto da praia son aloxamentos moi demandados, así que se esta é a túa opción, tóma o tempo xusto para pensalo e reserva canto antes! 

Mereces un respiro xa, e Galicia é o destino seguro e de calidade que buscas. 

Ademais, durante as vacacións en Galicia só as persoas aloxadas en establecementos regulados gozarán de cobertura de seguro fronte á Covid19.

Para máis información preme aquí.

Ten en conta que:

  • Todas as casas rurais que aquí aparecen cumpren coas normativas sanitarias, turísticas e de seguridade vixentes e legalmente  establecidas.
  • Cada casa de turismo rural pode establecer un mínimo de noites a reservar, podendo ser dita cifra variable en función da tempada.

 

Casas rurais