QUE É O OUTONO GASTRONÓMICO?

Outro ano máis o Outono Gastronómico en Turismo Rural de Galicia ofréceche a posibilidade de gozar dunha saborosa gastronomía facendo unha escapada en parella, cos amigos, en familia ou regalándote un tempo para ti só.

Cando?

Dende o 13 de setembro ata o 15 de decembro de 2024*, as casas de Turismo Rural de Galicia celebran o seu “18º Outono Gastronómico”, patrocinado por Turismo de Galicia. As casas rurais participantes ofrecerán dous menús distintos, exclusivamente concibidos para esta ocasión.

*Ofertas válidas só en venres, sábados e domingos agás as fins de semana do 1 ao 3 de novembro e do 6 ao 8 de decembro.

Acto presentación Outono Gastronómico 2024 en el turismo rural de Galicia

Presentación Outono Gastronómico 2024

Paquetes, casas participantes e prezos

Nesta guía podes consultar todos os establecementos de turismo rural incluídos na promoción, cos menús e modalidades propostos por cada un deles. Ademais do “Menú Outono Gastronómico” tamén tes a posibilidade de adquirir o “Paquete Outono Gastronómico” -que permite degustar o Menú Outono Gastronómico e pernoctar na casa de turismo rural elixida-, ou gozar da oferta completa coa “Fin de Semana Outono Gastronómico”.

E se queres compartir coa familia a fin de semana, podes apuntarte á oferta “Fin de Semana Familiar Outono Gastronómico” (1 ou 2 nenos/as). Tamén poderás gozar do "Outono Plus" naqueles establecementos que oferten adicionalmente outras actividades complementarias como paseos a cabalo, descenso en canoa, sendeirismo, visitas culturais...

paquetes y precios Outono Gastronómico 2024 en el turismo rural de Galicia

As nosas casas

Fegatur, como entidade colaboradora do "Outono Gastronómico 2024"ofréceche coñecer as nosas casas participantes, o seu menú, ubicación e a ligazón para a reserva picando neste link ou desliza cara abaixo.

Casas rurais