Galicia Golf Saúde

  • Galicia Golf Saúde - foto 1/1

O proxecto Galicia Golf Saúde é a aposta pola calidade e a diversificación da oferta turística galega da Xunta de Galicia, e nace como resultado do traballo conxunto da Asociación Galicia Destino Golf, Viajes Abramar e Oca Hotels. O seu obxectivo é o de converterse nunha ferramenta que facilite os contactos para crear unha rede hispano-portuguesa de colaboración entre a oferta especializada no golf e na saúde en Galicia, e os prescriptores lusos.

A súa web está dispoñible tamén en idioma portugués, e nela pódese atopar unha oferta de campos de golf, aloxamentos e oferta termal e gastronómica dirixida ao mercado portugués, pola súa proximidade e preponderancia como primeiro mercado internacional para o turismo galego.

Os establecementos que forman parte desta rede de campos, aloxamentos e servizos turísticos complementarios amosada na web, foron seleccionados en base a uns criterios de calidade, excelencia nos seus servizos e  receptividade a recibir xogadores internacionais durante todo o ano. No futuro, uniranse máis campos de golf, hoteis, restaurantes, adegas, axencias de viaxes e outros operadores do sector turístico interesados en formar parte desta iniciativa.