Casas rurais con piscina

  • Casas rurais con piscina - foto 1/1

¿Soñaches con mergullarte tranquilamente nunha piscina situada nunha paisaxe máxica?

Ben, en moitas casas rurais con piscinas de Galicia podes facer realidade os teus soños.

Tamén atoparás aloxamentos de turismo rural con spa ou jacuzzi. Nelas gozarás sentindo os beneficios que burbullas e masaxes producen no corpo e na mente.

Se es desas persoas que gozan cun refrescante baño despois dun día de sendeirismo ou excursións; Se queres esquecer a rutina e o estrés gozando do pracer de relaxarte nadando, se, en definitiva, es das que sabe aprezar unha cálida e familiar acollida, estás de sorte. Só tes que mergullarte, observar un pouco e pescar unha das casas rurais con piscina que aquí che amosamos.

Nalgúns aloxamentos a piscina está climatizada ou cuberta, para que poidas gozar dela en calquera época do ano. Mesmo baixo a choiva! 

En Galicia, tanto si prefires zonas de costa como de interior ou de montaña, atoparás casas rurais con piscinas.

E despois do exercicio, qué mellor que repoñer forzas saboreando os exquisitos produtos do campo ou do mar, en pratos preparados con mimo e acompañados de viños e licores dunha das cinco D.O.galegas. Imposible resistir unha oferta gastronómica tan excelente e inigualable en Galicia.

Despois podes relaxarte e descansar en cuartos con mobiliarios confortables , moitos deles auténticas pezas de anticuario.

E todo coas máximas garantías sanitarias e de seguridade e os máis altos estándares de limpeza e hixiene.

Cando pensas no turismo rural, xorden de inmediato imaxes relacionadas coa natureza, con ambientes cómodos e acolledores e con persoas dun trato sinxelo e amigable, exemplo de hospitalidade. Tamén a formas de vida, oficios e espazos tradicionais.

En www.galiciaturismorural.es  ofrecémosche a oportunidade de aloxarte en lugares onde vivirás Galicia como en ningures. Porque o turismo rural ofréceche moito máis que unha casa no medio do campo. Se te dicides, terás a oportunidade de coñecer outro xeito de vida, máis tranquilo e harmonioso, con ritmos máis humanos, onde a natureza sempre está presente, onde a amabilidade e a atención personalizada marcan a diferenza.

Por iso falar de turismo rural en Galicia é sinónimo de calidade, por iso Galicia calidade é máis que un lema.

Déixate ir e vén vivir unha experiencia única. Seguro que repites!

 

  • Se xa tés viaxado por Galicia noutras ocasións ou se é a túa primeira vez, en www.galiciaturismorural.es  convidámoste a descubrir dun xeito diferente algúns dos destinos máis refrescantes desta terra  .

Lembra que nas casas rurais con piscinas sempre atoparás unha cálida benvida, comida e bebida excelentes, habitacións cómodas para un descanso tranquilo e xente coa que falar –sabedoras  de historias sorprendentes- que enriquecerán a súa experiencia viaxeira, axudándoche de paso, a coñecer mellor á xente da terra que visitas.

Non esquezas que en Galicia as casas rurais con piscinas son aloxamentos moi demandados, polo que se esta é a túa opción, tómate o tempo para pensalo e reservar o antes posible.

Mereces un descanso xa! e Galicia é un destino seguro e de calidade.

Ademais, durante a túa estadía en Galicia, só as persoas aloxadas en establecementos regulados gozaredes dunha cobertura de seguro contra Covid19.

Para máis información preme aquí.

 

Ten en conta que:

  • Todas as casas rurais que aparecen aquí cumpren coa normativa sanitaria, turística e de seguridade vixente e legalmente establecida.
  • Cada casa de turismo rural pode establecer un número mínimo de noites para reservar, e esta cifra pode incluso variar segundo a tempada.

Casas rurais