Casas rurais no Camiño de Santiago


¿Sabías que tes ducias de casas rurais no Camiño de Santiago?

2022 será tamén Ano Santo Xacobeo, como o é o 2021. O Papa Francisco -consciente  da situación  á que a Humanidade ven sendo sometida a consecuencia da pandemia  e  que está a dificultar enormemente que moitas persoas poidan facer o percorrido este ano-  dispuxo unha prolongación excepcional do Ano Santo Xacobeo no 2022 ca fin de que a mayoría  teña a oportunidade de facer a súa peregrinaxe polo Camiño de Santiago (ou mellor dito, polos Camiños de Santiago).

As casas rurais do Camiño de Santiago son unha excelente alternativa se queres facer o Camiño dun xeito máis relaxado, en aloxamentos máis cómodos e sen agoniarse por chegar a unha determinada hora para dispoñer de  praza nun albergue.

Fai o Camiño ao teu ritmo, planificando as etapas, respectando a túa condición física e o tempo do que dispós.

Cada poucos quilómetros, acarón do Camiño ou nos seus arredores, atoparás un aloxamento de turismo rural onde, despois dunha cálida e hospitalaria acollida, podes relaxarte e descansar cómodamente; eso si, non sen antes repoñer forzas gozando  da excelente gastronomía da zona.

 

Moitas das casas rurais no Camiño de Santiago tamén ofrecen servizos complementarios ao peregrino que son moi de agradecer , pois fan que a súa experiencia sexa máis doada: recollida ao final da etapa e traslado ao día seguinte ao punto onde retomar o Camiño. traslado da mochila ou equipaxe entre aloxamentos para que o percorrido do Camiño sexa máis cómodo e livián; servizo de lavandeiría (lavadora, secadora e tendedeiro para a túa roupa ). Algunhas incluso ofrecen servizos de masaxe ou spa para axudar na recuperación entre etapas.

Se peregrinas a cabalo, atoparás casas que poñen á túa disposición cortes ou espazos cubertos onde poder ofrecer comida, coidado e descanso á túa nobre e fiel compañía na rota.

Non esquezas que nas casas rurais no Camiño de Santiago sempre atoparás unha cálida benvida, comida e bebida excelentes, cuartos cómodos para un tranquilo e reparador descanso, persoas coas que conversar -coñecedoras de  historias sorprendentes- que enriquecerán a túa experiencia peregrina, axudándote, de paso,  a coñecer mellor á  xente da terra pola que transitas.

E todo elo coas máximas garantías sanitarias e  de seguridade, os máis altos estándares de limpeza e hixiene, tendo sempre ti o control de canto vas camiñar cada día e  onde te vas hospedar unha ou máis noites, para descansar e  repoñer forzas.

 

Se xa peregrinaches ou se ésta é a túa primeira vez, en www.galiciaturismorural.es convidámoste a descubrir un xeito diferente de percorrer un dos oito itinerarios do Camiño de Santiago.

Lembra que en Galicia as casas rurais do Camiño de Santiago son aloxamentos moi demandados, polo que, se esta é a túa opción, dedica o tempo xusto a pensalo e fai a reserva o antes posible.

Mereces un respiro xa! e os Camiños de Santiago e Galicia son un destino seguro e de calidade.

Ademais, durante a túa peregrinación por Galicia, só as persoas aloxadas en establecementos regrados gozarán dunha cobertura de seguro contra Covid19.

Para máis información preme aquí.

 

Ten en conta que:

  • Todas as casas rurais que aparecen aquí cumpren coa normativa sanitaria, turística e de seguridade vixente e legalmente establecida.
  • Cada casa de turismo rural pode establecer un número mínimo de noites para reservar. Esta cifra pode incluso variar segundo a tempada.

Casas rurais