Bono #QuedamosEnGalicia 2021

  • Bono #QuedamosEnGalicia 2021 - foto 1/1

Parabéns por partida dobre! Por ser unha das 2.694.245 persoas que quedamos en Galicia, gozando de vivir nos  seus 29.575 quilómetros cadrados e por ser unha das poucas afortunadas que conseguistes a tarxeta de bono turístico #QuedamosenGalicia21. Tamén porque es das que gusta de sumar, de aproveitar as oportunidades que a vida ofrece, sempre solidaria e disposta a poñer o teu gran de area.

Sabemos  que anceias descubrir recunchos de Galicia aos que sempre quixeches vir. Así que agora que dispós dunha ocasión única para estar ao mesmo tempo preto e lonxe da casa, sen ter que enfrontar a incerteza de emprender unha viaxe nun momento no que as restricións e normas sanitarias mudan acotío, aprovéitaa.

Esquécete de  PCRs obrigatorias, de exhibir pasaportes ou certificados de vacinación ou de corentenas á ida ou á volta. Evita as aglomeracións nas túas vacacións ou interminables horas de coche. Todo o que precisas para unhas vacacións perfectas e seguras telo aquí mesmo, en Galicia!

164 aloxamentos rurais de toda Galicia estante agardando para ofrecerche tranquilidade, relax, aventura, experiencias…o que queiras.

Aproveita a túa tarxeta de bono turístico #  QuedamosenGalicia21 para gozar de estadías, paquetes e experiencias turísticas e pérdete por recunchos máxicos que han facer que vivas a nosa terra como nin imaxinabas!

 

Mereces un respiro xa, e Galicia é o destino seguro e de calidade que procuras.

Este ano presume  de Galicia ao berro de: Quedamos en Galicia que imos gozar dos seus aloxamentos de turismo rural!

 

Ten en conta que:

  • Todos os establecementos de turismo rural que aquí aparecen están homologados e cumpren coas normativas sanitarias, turísticas e de seguridade vixentes legalmente establecidas.

  • Cada casa de turismo rural pode establecer un mínimo de noites a reservar, podendo ser dita cifra variable en función da tempada.

Para máis información preme aquí.

Casas rurais