Torre do Río é un establecemento de turismo rural construído sobre as ruínas dun complexo téxtil do s.XVIII. Atópase en Caldas de Reis, nunha leira de 10.000 m2 situada nunha paraxe declarada de interese paisaxístico rodeado polo río Umia, e próximo ao Camiño Portugués.
Neste lugar incrible, poderás gozar de excelentes pratos outonais como Tosta de roxóns con queixo galego DO, Crema caseira de verduras con labras de Galmesano ou Croca Premium de Tenreira Galega (IGP), entre outros pratos outonais.
Dentro da leira pódese gozar dunha piscina natural con fervenza, terrazas, un miradoiro e ponte de madeira sobre o río.
Na súa contorna pódense gozar das augas termais, tanto en Caldas de Reis como en Cuntis, así como realizar sendeirismo ao redor do río Umia e achegarse á famosa Fervenza de Segade.