Pazo de Sedor é unha construción do S.XVII en Arzúa, no último tramo do Camiño de Santiago no Camiño Francés.
A mansión restaurada conta con once habitacións dobres con baño na planta superior. Na planta baixa acolle as salas de estar, o salón, unha cociña e un amplo comedor no que, en ocasións, alberga banquetes o reunións.
A ampla zona exterior, na que se atopan os xardíns, a piscina e a pista de padel, permite a contemplación dunhas vistas panorámicas do val no que se localiza.
O establecemento está certificado coa Q de calidade turística.