O Xastre de Anos é unha casa de aldea de 1910 en Cabana de Bergantiños, na Costa da Morte.
O establecemento ofrece sete habitacións dobres con baño, sala de estar e unha ampla cociña equipada. Pódese alugar por habitacións ou coma casa completa.
No exterior atópase unha horta, un xardín con árbores froiteiras e unha barbacoa.
Pódense realizar diversas actividades na contorna como rutas de sendeirismo, BTT, Trail-running, pesca, etc. Tamén se pode acceder aos distintos recunchos da “Costa da Morte” para contemplar as praias, faros, patrimonio arqueolóxico, así como gozar da variada gastronomía do mar.
O establecemento conta cun mesón próximo no que se poden reservar servicios de restauración.