O Cruceiro é unha casa de aldea de 1890 situada en Boiro, comarca do Barbanza, próxima ás praias da Ría de Arousa en plenas Rías Baixas. Está próximo ao Camiño de Santiago na súa Ruta por Mar de Arousa e ó Camiño de Santiago polo Barbanza - A Orixe.
O establecemento dispón de cinco cuartos dobres con baño -unha delas Suite familiar-, así como un salón e zonas de uso común. Pódese alugar por habitacións ou como casa completa.
No exterior atópase o xardín que dispón dunha zona de barbacoa, terraza e unha horta ecolóxica, un lugar ideal para descansar e conectar coa natureza. Dispón tamen de terraza na parte dianteira.
Algunhas das actividades que se poden realizar pola zona son sendeirismo, BTT, roteiros a cabalo, roteiros arqueolóxicos, golf ou actividades náuticas como piragüismo, surf, paseos en barco, etc.