O Acrivo aloxamentos rurais é unha casa de aldea do Pino, na última etapa do Camiño de Santiago do Camiño Francés.
O establecemento ten tres habitacións dobres e unha habitación individual con baño, así como un salón con galería e unha lareira onde descansar.
No exterior hai unha terraza con mesas onde conversar e un agradable xardín.
Algunhas das actividades que se poden facer na zona son rutas de sendeirismo ou bicicleta de montaña.