Muíños de Pontenoval son dous antigos muíños fluviais restaurados con criterios modernos e ecolóxicos, situados nun val protexido en Ortigueira, rexión de Ferrolterra, nas Rías Altas, ao norte da provincia da Coruña.
Os dous muíños alúganse completos, xuntos ou por separado: Muíño Batán ten unha cama de matrimonio e posibilidade de 2 camas adicionais e Muíño de Maquía, dúas habitacións dobres e a posibilidade dun terceiro con 2 camas. Cada un deles ten a súa propia cociña, cheminea, TV, churrasco e terraza.
No exterior hai un xardín semisalvaxe onde descansar nunha hamaca á sombra dunha árbore escoitando o son da auga do rego Fervenza e dos bosques naturais.
Os amantes do turismo activo terán a oportunidade de practicar surf en Pantín, equitación, sendeirismo, pesca, ciclismo e piragüismo / kaiak nas inmediacións, ademais de visitar a comarca de Ortegal