A Reitoral de San Eusebio é unha casa rural do s.XVII situada en Coles, entre a Ribeira Sacra e Ourense.
Nesta casa e gozando da súa contorna, pódense gozar de receitas outonais como Selección de patés: de cervo, de perdiz con aroma de tomiño, de morcilla con piñóns e mazá, Crema de cabaza e cenoria con crujiente de ibérico ou Xabaril á cazadora sobre unha cama fina de crema de pataca, entre outros pratos.
A experiencia proposta consiste en participar da cultura do viño que se respira na casa, así como realizar roteiros polas viñas próximas, ben a pé, ben dacabalo.
Tamén hai a posibilidade de practicar kaiak, visitar a fervenza de Augacaída ou o roteiro do río Miño que discorre río arriba ata chegar a Vos Peares.