Casaldomar é unha casa de aldea de 1938 en Carril, á beira das praias da Ría de Arousa e da Illa de Cortegada, nas Rías Baixas.
O establecemento ten sete habitacións dobres con baño e zonas comúns onde descansar ou falar tranquilamente. Pódese alugar por habitacións ou como casa completa.
No exterior están os xardíns ben coidados, a só 20 m do mar e con viñedos para a produción do famoso Albariño.
Algunhas das actividades que se poden realizar na zona son sendeirismo, ciclismo, paseos a cabalo ou en barco, kaiak, windsurf, vela, etc.