Casal dous Celenis é unha casa rural localizada en Caldas de Reis, no norte de Pontevedra, próxima ao Camiño de Santiago portugués.
Aquí poderás gozar de excelentes propostas gastronómicas como Pementos asados con atún, Cogomelos ao allo ou Mazás asadas con Mel de Galicia (IGP), entre outras suxerencias.
Dada a súa localización está disposición dos peregrinos procedentes do Camiño portugués, baixo demanda.
Tamén se poden visitar as distintas vilas das Rías Baixas: Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, A Illa ou Cambados.
Para o interior pódese gozar das augas termais, tanto en Caldas de Reis como en Cuntis, así como realizar sendeirismo ao redor do río Umia e achegarse á famosa Fervenza de Segade.