Casa Vilamor é un caserón típico do século XVIII que está situada no Saviñao, en plena Ribeira Sacra a beiras do río Miño, e preto do Camiño de Santiago no seu Camiño de Inverno.
Nesta casa tan especial, poderás gozar de pratos como Caldo galego, Cordeiro asado con Pataca de Galicia (IGP) e ensalada da nosa horta ou Pito ao coñac con Pataca de Galicia (IGP) redonda e ensalada da nosa horta, entre outras fantásticas propostas.
Entre as actividades que se poden realizar próxima á casa está o Roteiro dos Mosteiros, que permite visitar máis de 18 mosteiros románicos nun dos lugarares con maior concentración de toda España.
Tamén se poden visitar os miradoiros do río Miño e do río Sil, así como as adegas de Ribeira Sacra.