Casa Uma é unha casa de aldea do século XIX en As Neves, zona do Baixo Miño nas Rías Baixas e a un paso do norte de Portugal.
O establecemento dispón de dous apartamentos totalmente equipados, un para catro persoas e o outro para un máximo de cinco. Os dous apartamentos poden comunicarse entre sí, formando un só aloxamento para un máximo de 9 persoas. O aluguer é en réxime completo.
No exterior pódese desfrutar dun amplo xardín con piscina e zona de barbacoa, así como unha horta, diferentes plantas aromáticas e árbores autóctonas que permiten conectar directamente coa natureza.
Algunhas das actividades que se poden realizar na zona son sendeirismo, BTT, paseos a cabalo, golf, actividades náuticas ao longo do río Miño ou actividades multiaventura como escalada, paintball, barranquismo, etc.