Casa Torre Vella é unha casa de aldea do século XIX en Bueu, preto das praias da Ría de Pontevedra e da Ría de Vigo, nas Rías Baixas.
O establecemento conta con catro habitacións dobres con baño e un apartamento para catro persoas, ademais de zonas comúns como o comedor, a cociña e un salón con cheminea. Pódese alugar por habitacións ou como casa completa.
No exterior sitúase un xardín con zona de barbacoa, unha terraza con mesas onde se pode charlar e contemplar a natureza que rodea a casa, un hórreo típico galego e unha horta de cultivo propio.
A zona é ideal para actividades como sendeirismo, paseos en bicicleta, a cabalo ou en barco, golf ou actividades acuáticas como surf, vela ou pesca.