Casa Sabariz é unha casa de labranza do século XIX en Rairiz de Veiga, comarca da Limia ourensá, que forma parte da área de Allariz como Reserva da Biosfera.
Nesta casa poderás gozar de pratos como Tosta de atún con pementos, Ensalada da casa con tomates braseados ou Medallones de pito (CRAEGA) con bacon e albáfega, entre outras propostas gastronómicas.
Na contorna pódese realizar sendeirismo e BTT pola zona, declarada Reserva da Biosfera en 2005, e achegarse tamén ao Parque Nacional de Peneda-Gerês, ao norte de Portugal.
Tamén se pode realizar unha visita á Vila de Allariz, declarada Conxunto Histórico Artístico e Premio Europeo de Urbanismo, pola recuperación realizada do centro histórico de procedencia medieval.