Casa Rural Penaquente é unha casa de aldea preto das praias e da Ría de Ortigueira, nas Rías Altas.
O establecemento ten cinco habitacións dobres con baño, acolledores salóns, comedor, biblioteca e sala de estar con cheminea. Pódese alugar por habitacións ou como casa completa.
No exterior, rodeado dun bosque limpo, hai unha terraza e un xardín con piscina e unha zona de lecer onde descansar.
Algunhas das actividades que se poden realizar na zona como observación de aves, vela, equitación, kaiak, quads, tiro con arco, sendeirismo, surf, etc.