Casa rural O Bergando é unha casa de aldea do século XVIII en Cotobade, preto de Pontevedra.
O establecemento ten 8 habitacións dobres con baño, unha delas adaptada para persoas con mobilidade reducida, e 2 salóns con comedor e chimenea. Tamén dispón dunha cociña totalmente equipada.
No exterior, un gran xardín de 6000 m2 con barbacoa e comedor exterior, terrazas, piscina de tempada e parque infantil.
Nos arredores atópase a Serra do Cando para facer sendeirismo ou o Parque arqueolóxico de Campo Lameiro, un dos máis importantes de Europa. Tamén podes visitar o Castelo de Sobroso ou facer unha visita ao Observatorio Astronómico de Cotobade.
Ademáis, na zona, existen diferentes rutas de senderismo para tódalas idades, roteiros saludables, nos que poderás descubrir unha gran parte deste concello único (https://roteirosemais.blogspot.com/).