Casa dúas Muros é unha casa de labranza do século XVIII situada en Pantón, no corazón da Ribeira Sacra, e próxima ao Camiño de Santiago na súa variante do Camiño de Inverno.
Aquí atoparás propostas gastronómicas tan interesantes como estas, Jarrete de Tenreira Galega (IGP) asada con Pataca de Galicia (IGP), Revolto de cogomelos con ensalada ou Costela ao forno con Pataca de Galicia (IGP), entre outras propostas.
Ao atoparse no centro da Ribeira Sacra pódese acceder a todos os recursos turísticos deste destino, por exemplo o Miradoiro de Pesqueiras no río Miño ou a Fervenza de Augacaída, ata a visita ás adegas da Denominación de Orixe Ribeira Sacra ou o roteiro do Románico, con ampla representación na zona.
Destacar pola súa vistosidade a Ermida da Barca, que permite ver a confluencia entre o río Cabe e o río Sil, nunha zona profunda de grandes canóns naturais.