Casa do Sear é unha casa de aldea con máis de 400 anos de historia, situada en Sanxenxo, Rías Baixas, a só 500 metros da praia de Areas.
O establecemento ten 6 habitacións (2 suits, 1 especial e 3 dobres) de estilo rústico, con baño e todas as comodidades. Cada unha das habitacións leva o nome dun paxaro galego en perigo de extinción.
No exterior hai un patio onde se serven almorzos e ceas, así como un xardín de 10 mil metros cadrados con diferentes espazos para relaxarse e gozar.
Ofrécense servizos de aluguer de vehículos e bicicletas, visitas a unha adega local e información sobre a zona. Ademais, hai un ximnasio e un spa a aproximadamente 1 km da casa, con masaxes dispoñibles a petición.

Carné +65: 10% desconto para aloxamentos de dúas (2) noites. 15% de desconto para aloxamentos de catro (4) noites.